A Xunta ultima os traballos para evitar os arrastres das cinzas nas áreas límites do rego de Castelo e nas do Rego das Lobeiras, en Ribeira, afectadas polo lume no Barbanza

22 Agosto 2022

A Xunta está a ultimar os traballos nas áreas afectadas polo lume na contorna do Barbanza, co obxectivo de evitar os arrastres das cinzas nas áreas límites do rego de Castelo e nas do rego das Lobeiras, ao seu paso polo municipio de Ribeira.

Os equipos de Conservación Fluvial de Augas de Galicia, dependentes da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, están a desenvolver estes días os traballos, iniciados a pasada semana, ao longo de aproximadamente 2.600 metros, nas áreas límites destes regos, ambas as dúas no termo municipal de Ribeira.

Para evitar estes posibles arrastres, a Xunta deseñou unhas barreiras de contención aproveitando a propia madeira que se atopa nas ribeiras afectadas, e está a aplicar a técnica coñecida como “mulching”, mediante a disposición de palla sobre as áreas afectadas e con maior risco de erosión.

Deste xeito, actúase nestas contornas de especial sensibilidade pola proximidade dos leitos fluviais a zonas poboadas e por contar cunhas características singulares que poden favorecer os arrastres das cinzas.

Estes traballos son froito das inspeccións de campo realizadas polos técnicos de Augas de Galicia, en coordinación cos técnicos da Consellería do Medio Rural, a través do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán. Estas inspeccións nas áreas afectadas permitiron determinar os puntos máis afectados polos incendios, co obxectivo de iniciar os traballos precisos coa maior celeridade posible.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.