A Xunta dá vía libre a un obradoiro dual de emprego sobre cociña e confección de redes para Ribeira e O Son

02 Agosto 2022

A Xunta autorizou a concesión dunha subvención para celebrar o obradoiro dual de emprego Tahume VIII, compartido polos concellos de Ribeira e Porto do Son con dúas especialidades: cociña e confección e montaxe de artes e aparellos. Deste xeito, dáse luz verde á proposta formulada por ambos Concellos no mes de abril a través da sinatura dun convenio de colaboración asinada polos seus respectivos alcaldes, Manuel Ruiz e Luis Oujo.

Sinatura do convenio entre Ribeira e Porto do Son, formalizado en abril

Tahume VIII contará con vinte alumnos-traballadores participantes e 12 meses de duración.

Na especialidade de cociña (Operacións básicas de cociña e pastelería) está contemplada a participación de doce alumnos e alumnas de ambos concellos, tendo a Escola Municipal de Hostalería de Ribeira situada no segundo andar do Mercado a súa aula de formación: un lugar que xa deu cabida a outros dous obradoiros de emprego (O Pote I e O Pote II) se ben unicamente coa intervención de alumnos do municipio ribeirense.

En canto á confección e montaxe de artes e aparellos, prevese a participación de oito alumnos (tamén de ambos municipios) e a súa aula de formación estará situada en Porto do Son. Con esta especialidade pretendese “incidir nunha ocupación que ten a día de hoxe unha alta demanda de traballo asociado coa flota pesqueira e está abrindo ademais outras saídas laborais, por exemplo no sector da artesanía e decotación”, sinalaron os Concellos.

Ademais de recibir unha aprendizaxe ao tempo que cobran un salario, o alumnado desenvolverá “unha serie de actuacións durante o curso que repercutirán en beneficio da sociedade”, engadiron fontes dos dous Consistorios. No caso do obradoiro de cociña celebrarán por exemplo os tradicionais almorzos solidarios, almorzos saudables, menús degustacións, xornadas de demostración e e eventos gastronómicos en ambos municipios.

En canto ao obradoiro de confección de artes e aparellos, desenvolverán este tipo de traballos para fondos expositivos dos museos, ambientación de feiras e outras actividades estivais, decoración de espazos urbanos, divulgación en centros escolares ou para o seu uso en instalacións deportivas, para canastras, porterías, etc…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...