“A verdade escondida do Guernica” – Manuel Domínguez

31 Agosto 2022


Percorremos a ruta 87, a Thruway, chegamos a Brooklyn, xusto detrás do Parque Promenade, a casiña, ou casona de ladrillo vermello, ás veces ocultos polas hedras verdes, que me lembraban a bandeira de Portugal. En fronte vivía o actor Rod Steiger (Napoleón, Capone, Doutor Zhivago).
.- Vén Manuel que che ensino algo que te vai gustar…
.- Oh Dios! Impresionante!
.- Sabía que te gustaría.
Eran uns orixinais de Pablo Ruiz Picasso, algúns feitos a lapis, ou bolígrafo, outros xa a óleo. Tamén había outras obras de arte na casa do oftalmólogo, que dera a volta ao mundo para operar presidentes e xentes adiñeiradas. Amaban España e a súa cultura, amaban os recordos que non querían deixar escapar.
Eu díxenlles que estudara na Coruña, que pasei moitas veces pola casa que Pablo Picasso cando de novo habitara no nº 14 de Pelayo Gómez, no centro da Coruña.
.- Que opinas do Guernica?
.- Ben, o Guernica foi pedido a Picasso, por Negrín, presidente da República, para expor no pavillón Español, na Exposición Mundial de París, en 1937.
Comeza Picasso a obra no 36, aquel Picasso amante dos touros e admirador do gran toureiro Joselito El Gallo, fillo, irmán e neto de toureiros. A Joselito levoulle a vida un touro chamado Bailador. Tras a morte do toureiro, A Macarena, A Nosa Señora da Esperanza, por primeira e única vez, vestíronse de loito.
No funeral celebrado na catedral de Sevilla, ouviuse esta saeta:
“Vén pasaxeiro, dobra o xeonllo,
que na Semana Santa de Sevilla,
porque morreu José, este ano estrea
bágoas de verdade a Macarena.”
Picasso traballa na obra: aínda lonxe queda o bombardeo de Guernica. Picasso pinta a praza de touros. Fatídico Domingo. Cinco da tarde solleira: á morte de Joselito El Gallo o ceo tínguese de negro, cal Cristo na cruz. O ollo de Deus, desde o alto, asombrado observa con lámpada incluída -tal é a noite ao cinco da tarde, tarde negra como o pecado- así que un brazo acode cunha lámpada para iluminar a negrura da dor. Á dereita a xente exclama de sufrimento, á esquerda o touro Bailador observa: o Picador no chan, coa vara de picar rota, a pulla sáelle ao cabalo do picador pola boca, na esquerda Bailador observa, mentres baixo el a nai co fillo morto en brazos, exclama. O sensentido da vida, a soidade, cando o amado marcha: dise que o cadro foi finalizado dous meses despois do bombardeo de Guernica, por iso é polo que a imaxe da esquerda co neno en brazos, e as dúas imaxes da dereita poden ter relación co sufrimento das xentes do Guernica, pero o conxunto da obra está dedicada á morte do toureiro Joselito El Gallo, do que Picasso era admirador. Máis tarde chegou a admirar tanto ao toureiro Dominguín que mesmo foi padriño do seu fillo, o cantante Miguel Bosé.
Ás veces a vida dá xiros que non esperamos e na adaptación aos medios aprovéitase a situación. Teño un amigo ideólogo que di que el non é un cambia chaquetas, -politicamente falando- senón que a súa chaqueta é reversible. O outro dicía: gañaron os nosos! Á pregunta sobre quen son os nosos? respondía: “Non sei, pero gañaron os nosos”.
O Guernica naceu como homenaxe a José Gómez Ortega, “Joselito El Gallo”, e os afluentes do río levárono a ser coñecido como o Guernica. José Gómez Ortega queda no recordo dos amantes do toureo. Guernica foi bombardeada en abril de 1937.
E esta é a verdade que oculta o Guernica, toda a simboloxía da obra é a praza de touros, nada a mostrar bombardeos ou guerras, só trato de ser fiel á historia
Non podo finalizar sen agradecer a Ángel, pintor da vida, o coñecemento que me deu acerca de Picasso .

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desaloxos de familias vulnerables” – José Manuel Pena

“Desaloxos de familias vulnerables” – José Manuel Pena

Os desafiuzamentos da vivenda habitual, por orde xudicial, continúanse producindo cada día. A pesar dos avances lexislativos, da propia Lei de Vivenda e demais Reais Decretos Leis para protexer e garantir a vivenda ás persoas e familias vulnerables, moito máis con...

“Auditorio novo en Lugo” – Xulio Xiz

“Auditorio novo en Lugo” – Xulio Xiz

Cando era moi novo, na aldea, falábase da “hora vella” e da “hora nova”, para diferenciar a que hoxe teñen en Portugal, a nosa tradicional, da que o réxime elixiu para España nas horas altas do poderío alemán. Do mesmo xeito, cando nunha familia pai e fillo levaban o...