A UPG homenaxea a Moncho Reboiras no 47 aniversario do seu pasamento

12 Agosto 2022

Este venres 12 de agosto, como cada ano, a Unión do Povo Galego (UPG) conmemora o aniversario do asasinato en 1975 do seu militante Xosé Ramón Reboiras Noia por disparos da policía española nun portal da rúa da Terra, en Ferrol. Parte do programa desenvolverase novamente no concello de Dodro, de onde era natural o histórico nacionalista. Este ano cúmprense 47 anos da súa tráxica desaparición.

Programa de actos

Dodro

Cemiterio de Imo.

Ás 12:00h. Ofrenda floral.

Fene

SCDR O Pote, Maniños.

Ás 14:30h. Xantar popular.

Ás 16:30h. Conferencia de Duarte Correa: “Novos desafíos no marco internacional”

Ferrol

Ás 19:00h. Concentración da Praza de Armas. Saída cara á rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras. Ofrenda floral e canto da Internacional.

Ás 19:30h. Intervencións Políticas na Praza de Armas.

Manuel Polo (Secretario de Zona e concelleiro do BNG en Fene)

Iria Carreira (Secretaria Xeral da UMG e deputada no Parlamento Galego)

Néstor Rego (Secretario Xeral da UPG e deputado no Congreso)

Ao remate, canto do himno galego.

Moncho Reboiras na UPG

Asi relata a Unión do Polo Galego o legado de Moncho Reboiras na agrupación: “Tiña 25 anos cando a vida lle foi arrebatada polo terror fascista, mais desde os 19 anos en que ingresou na UPG desenvolveu un labor esencial na loita política, no combate ideolóxico, na axitación e, especialmente na autoorganización do povo galego: no campo cultural, participando activamente e impulsando a fundación da Frente Cultural Galega, no seu papel na fundación da Asociación Cultural O Castro e da revista Des.parafuso, así como na actividade na Asociación Cultural de Vigo. Operario nos estaleiros de Barreras, en Cerámicas Álvarez, máis tarde en Astano e despois en Intelsa, na Coruña, foi peza fundamental na constitución do Sindicato Obreiro Galego, antecedente do hoxe vizoso sindicalismo nacionalista de clase. Organizador das primeiras células de ERGA nos centros de ensino da Coruña. Membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, naquel momento clandestina, para a que traballou incansabelmente co obxectivo de a dotar de medios e infraestruturas que permitisen máis capacidade na loita política por un futuro de liberdade e soberanía para a nosa patria.

Este ano, cando se cumpren 47 anos do seu asasinato, os camaradas e as camaradas do partido ao que Reboiras entregou xenerosamente o seu firme e activo compromiso militante, recollemos o seu exemplo e proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o noso camarada entregou a súa vida. Ao tempo, tiramos tamén a ensinanza fundamental do seu labor militante: é a organización do noso povo o labor máis importante que temos por diante. É precisamente a auto-organización do povo galego o que máis combate e o que máis teme o noso inimigo, precisamente porque é a ferramenta básica para podermos enfrontar con decisión o camiño da nosa liberdade. Gran lección que non teremos que esquecer nunca”.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.