A Rede Cultural da Deputación ofrece 138 espectáculos até o remate do verán

18 Agosto 2022

A Rede Cultural da Deputación da Coruña brinda á cidadanía 138 espectáculos ata o final do verán. A programación (até finais de setembro) inclúe 28 películas, representacións de teatro, circo e monicreques, 14 espectáculos de narración oral e de promoción da lingua e 91 concertos musicais, ademais de espectáculos de maxia e danza.

O responsábel de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto

Como explica o responsábel do departamento de Cultura, Xurxo Couto, “un ano máis non quedará un concello de toda a provincia que non poida gozar da nosa oferta, xa claramente consolidada como a aposta máis potente e estable a nivel institucional para para achegar propostas de calidade a todos os municipios coruñeses”.

O programa Visións achegará 28 filmes, entre os que están Cuñados, El cuarto de Mona, O gran Camiño, Mi amigo Pony ou A galiña Turuleca.

38 serán as actuacións dos grupos de música, danza e teatro non profesionais do programa Alicerce, que no que queda de verán programará concertos da Banda de música de Arca, Regueifeir@s de Galicia, Pandereteiras sen fronteiros, Tropicalia Troupe, Charanga Santa Compaña ou A Chiqui Band do Laboratorio.

Danza, música, teatro e monicreques conforman a oferta de Escena a vivo, 105 espectáculos nos se poderá ver o último de Marta Alonso Tejada, Pablo Díaz, Vella Escola, Dixie Kings, Cristian Leggiero & Paty Lesta, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Ruxe Ruxe, De Vacas, Luar na Lubre, Dios Ke Te Crew, Silvia Penide Trío, A xanela do Maxín, Pedras de Cartón, Teatro do Noroeste, Aldaolado, Ibuprofeno Teatro, Moc Moc MeRe Clown ou Circo Chosco.

Tamén música, teatro e maxia teñen un oco na programación de Lingua a escena!, que ofrecerá 14 espectáculos de narración oral e de promoción do galego, como os de Zënzar, Caramuxo Teatro, A Gramola Gominola, Mago Antón ou Migallas Teatro. A maxia ten un lugar propio na Rede Cultural: ata outubro 8 actuacións dos mellores ilusionistas do país; entre eles, Mago Paco, Mago Teto, Dani Polo, Mago Noel ou Mago Xacobe.

A Rede Cultural da Deputación programou para este ano e o primeiro trimestre do 2023 un total de 1.408 espectáculos en todos os concellos da provincia, cun investimento de 1.509.836,71 euros.

Outros artigos

Ribeira presenta un Maio Cultural cheo de propostas diversas

O Concello de Ribeira presentou o programa do Maio Cultural 2025, que organiza a Concellería de Cultura de Ribeira en colaboración coas áreas de Educación e Normalización Lingüística. Na cita cos medios estiveron presentes Antía Alberte, concelleira de Cultura e Cruz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...