Carragueiros acolle o vindeiro sábado a V edición da Travesía a Nado Illa da Bensa

17 Agosto 2022

O Concello de Boiro colabora coa V edición da Travesía a Nado Illa da Bensa que organiza o Club de Natación Boiro e se vai celebrar o vindeiro sábado 20 de agosto na praia de Carragueiros. Na presentación, que se celebrou esta mañá, estiveron a concelleira de Deportes, Dores Torrado; o
director técnico do club, Carlos Brión; a directora de relacións institucionais de JEALSA, Margarita Hermo; e a directora da clínica dental Rebeca Ozores, O director tépnico do club explicou en que consiste e proba, que contará con tres percorridos: ás 11.00 horas será a proba de 3.500 metros, ás 11.05 horas a de 1.000 metros e ás 12.30 horas a de 200 metros. “Hai previsión de marea a alta e bo tempo polo que se agardan unhas boas condicións para o desenvolvemento da proba”, afirmou Carlos Brión.
Ata o de agora hai 132 participantes pero as inscricións están abertas ata este xoves ás 23.59 horas e poden facerse en www.galitiming.com . A directora de relacións institucionais de JEALSA eloxiou o traballo do club “pola súa promoción do deporte e da nación dos nenos e nenas, algo polo que apostamos” e afirmou que esta é unha proba para “desfrutar dun día de natación nun ambiente idílico”.
O Concello de Boiro colabora con esta nova edición da Travesía a Nado Illa da Bensa como aposta pola promoción do deporte base e tamén dos deportes náuticos no noso municipio. A concelleira de deportes, Dores Torrado, animou a club a seguir nesta liña e recoñeceu a importancia do “traballo conxunto ente as direccións dos clubs, as administracións públicas e as empresas privadas para que se sigan a desenvolver probas como esta e que o deporte no noso Concello siga medrando e acadando éxitos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.