A Pobra realizará este domingo traballos para erradicar penachos no concello

23 Agosto 2022

A campaña pobrense de voluntariado Agora é o momento! achega unha acción para o día 28 de agosto consistente no control da especie exótica invasora Cortaderia selloana, comunmente coñecida como penacho ou plumeiro.

Impulsada polas concellarías do Medio Ambiente e do Voluntariado, das cales son titulares Genoveva Hermo (Nós Pobra) e José Andrés Lojo (Nós Pobra), respectivamente, procederase coa corta das inflorescencias desta planta para diminuír así a dispersión da gran cantidade de sementes que producen e, en consecuencia, a aparición de novos exemplares.

Mapa previsto das actuacións

A actuación focalizarase na contorna do núcleo urbano, en horario de 10.00 a 13.00 horas, e comezarase polas pistas situadas fronte á Casa da Cultura Raquel Fernández Soler.

O Concello proporcionará o material pertinente para a realización do referido labor, contando co apoio da Protección civil igual ca noutras ocasións.

Requírese a inscrición previa obrigatoria antes do día 25 de agosto a través do teléfono de contacto 981 832 764, opción 1, ou do enderezo electrónico voluntariadopobradocaraminal@gmail.com. Resultará preciso cubrir un formulario de rexistro e un convenio de colaboración, así como a entrega dunha foto de carné, para que a Administración local poida tramitar a alta no seguro, o cal non suporá ningún custo para as e os solicitantes.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.