“A festa do Carmen no ano 2022”. Alfonso Mera, párroco de Santa Uxía

05 Agosto 2022

Hai datas moi sinaladas no calendario que nos levan a compartir momentos moi especiais coa familia, coas persoas máis achegadas e coas que compartimos amizade. Hai outras nas que a celebración identifica a moitas máis persoas e, incluso, a todo un pobo. A celebración da festa da Virxe do Carmen nunha parroquia como Santa Uxía de Riveira, identifica a todas as persoas que ternos a sorte de vivir aquí, porque todos ternos algún tipo de vínculo co mar e os mariñeiros, sexa directa ou indirectamente.
O verán deste ano 2022 vén cargado de esperanza e alegría. Despois de dous anos de pandemia, de restriccións, máscaras, distancias e outras condicións, ábrese por fin un tempo novo, coa esperanza de vivir con máis liberdade e menos medo a relación e o contacto entre as persoas, de poder viaxar e de xuntarnos de novo coa familia e amigos que viven lonxe, de encher a mesa sen ter que contar cantos somos, de saír e facer festa.
Celebrar o Carmen é poñer xuntos no calendario unha data que nos obrigue a parar un anaco, a tomar un respiro e esquecernos das presas, xuntarnos coa familia e os amigos para agradecer, compartir e coller folgos para seguir camiñando. Uns días nos que nos sentimos unha familia grande que se reúne, que celebra, reza e baila, que se senta para xantar cos máis achegados, cos que por razóns de traballo e da vida non podemos facelo a miúdo.
Celebremos a festa do Carmen e démoslle grazas a Deus pala vida, a familia, a parroquia, o mar, os recursos. Que a Virxe nos acompañe a todos, moi especialmente aos enfermos, ás persoas maiores e ás que están en situación de vulnerabilidade. Que atope en nós xenerosidade e compromiso na búsqueda dun mundo máis xusto e mellor.
A experiencia destes dous últimos anos tennos que ensinar a darlle valor ao máis importante, comezando pala propia vida. Ensinar a coidarnos e preocuparnos dos demáis, de cada persoa, desde o comezo ata o final da vida, a vivir aproveitando cada instante, a procurar harmonía, felicidade, respecto e agarimo entre todas as persoas. Quedou moi claro que a calidade de vida non depende só da nasa situación económica nin do naso ben estar, tantas veces egoísta. A volta á normalidade é realmente penosa se non ten en canta as experiencias vividas, que necesariamente nos teñen que facer medrar e madurar.
E finalmente, que importante é ter boa memoria! Unha memoria agradecida a cantos neste tempo deixaron un valeiro Nas Nasas casas e familias. Non esquecemos aos nosos defuntos e, de modo singular, aos que faleceron nalgún naufraxio. Este ano vivimos moi de cerca dous acontecementos: o naufraxio do Vila de Pitanxo e a morte de dous mariñeiros nas islas Seychelles. A celebración da Eucaristía no día do
Carmen recolle toda a nosa historia e a nasa relación co Mar, e énchea de vida e esperanza. A procesión maritima e a coroa de frores son toda unha homenaxe á Virxe, aos mariñeiros e ás súas familias e manteñen viva a presenza e recordo dos defuntos. Felices festas do Carmen

Alfonso Mera Nogueiras, Párroco

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.