A Deputación da Coruña destina, a través do Plan Único, vai destinar 162.938,88 euros para financiar o proxecto de instalación dunha rede de saneamento para os núcleos de Cadreche e San Isidro, na parroquia de Posmarcos do concello da Pobra do Caramiñal.

A actuación, que conta cun orzamento total de 163.068 euros dos que a Deputación aportará 162.938,88 euros e os 129,80 euros restantes serán asumidos polas arcas municipais, vai destinada a dotar a estes dous núcleos “do servizo de saneamento, do que carecían”, informou a entidade provincial.
Os traballos inclúen a realización dun bombeo para recoller as augas procedentes dos dous núcleos e impulsalas ata a rede existente no lugar de Saborido, a instalación dun colector de saneamento de PVC de 315 mm. De diámetro con ramais de PVC de 250 mm de diámetro e a reposición do pavimento afectado polas obras.
A Deputación explica a maiores que “para o cruce da canalización de bombeo no treito correspondente coa autovía AG-11 será preciso cortar o tráfico dos seus catro carrís pero farase de un en un, comezando por un lateral”.
A obra atópase en proceso de licitación pública no perfil do contratante do Concello da Pobra do Caramiñal e o prazo de presentación de ofertas finaliza mañá, mércores 17 de agosto.