A Asociación San Xoán de Laíño rende homenaxe este venres a Moncho Reboiras coa función Lola, de Avelaíña Teatro

11 Agosto 2022

A Asociación Veciñal San Xoán de Laíño, a xeito de homenaxe a Moncho Reboiras, figura destacada do nacionalismo galego e da loita polas liberdades, programou para esta semana un espectáculo teatral coa compañía Avelaíña Teatro. Trátase da función A Lola, de Manel Ayán, que será representada este venres 12 de agosto ás 21.00 horas no local social do Montiño en Imo.

Sinopse

A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista.

O relato lévanos ao presente (mediados dos anos sesenta) e ao pasado (os anos da Segunda República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936).

David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e visitan a casa nativa para comunicarllo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos.

Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre as dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte as ideas constitucionais de progreso e liberdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...