A Asociación de Periodistas de Santiago pecha a homenaxe a Victoriano García-Martí na Pobra do Caramiñal

09 Agosto 2022

A Asociación de Periodistas de Santiago (APSC/FAPE) pecha o próximo sábado 27 de agosto os actos en homenaxe o escritor e xornalista Victoriano García-Martí cun roteiro teatralizado aberto ó público polos seus lugares da súa vila natal, A Pobra do Caramiñal, coa colaboración do Concello que preside Xosé Luis Piñeiro, e o apoio de diversas institucións, como o Ateneo de Santiago.

Tratarase da terceira homenaxe desenvolvida no presente ano 2022. Previamente tivera lugar a descuberta dunha praca conmemorativa na casa onde residiu en Santiago de Compostela, e unha conferencia no Ateneo de Madrid, do que foi directivo, pola profesora especializada na vida e obra de Victoriano García-Martí, Arantxa Fuentes.

Filósofo, ensaísta, abogado, escritor, e prolífico xornalista Victoriano García-Martí foi unha figura de alta relevancia intelectual que recibiu numeroso recoñecemento alén de Galicia, subliñadamente en Paris e Madrid, onde foi directivo do Ateneo nos tempos de Menéndez Pidal, Conde de Romanones, Azaña e Valle-Inclán, con quen compartiu tertulias e amizade tanto en Madrid como na Pobra do Caramiñal.

Editor das “Obras completas”, de Rosalía de Castro e autor de numerosos traballos xornalísticos en diarios de España, Francia e Hispanoamérica, Victoriano García-Martí foi un dos discípulos máis salientables do gran filósofo francés Henri Bergson, con que compartiu aulas na universidade parisina de la Sorbonne. Foi promotor, asemade, do primeiro Congreso de Xornalistas de Galicia celebrado en Santiago, en 1921.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.