A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) compartiu os nomes das persoas gañadoras na segunda das súas Quincentas Fantásticas. Trátase de Alfonso (tícket do Café Literario Ágora, 250 euros), Saray Boo Piñeiro (tícket da Carnicería O Jalo, de 150 euros), María Abuín (tícket de Restaurante Arume, de 100 euros) e Alejandro Tubio Romero (tícket de Multiservicios Nº 13, bicicleta eléctrica).

Na mañá deste 1 de agosto a patronal fixo o sorteo entre os 1.013 tíckets rexistrados en www.abe.gal (343 tíckets mais ca na segunda quincena do pasado ano).
A campaña continúa e de feito os vindeiros realizaranse dous sorteos mais ao remate de cada quincena do mes de agosto.
A ABE contactará coas persoas agraciadas para facerlles entrega dos vales de compra e as bicis este xoves as 13:45 hs na sede da asociación (entregaranse os premios da 1ª e 2ª quincena).
A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e aínda están pendentes de sortearse 500 € e 1 bici ao remate de cada unha das 2 quincenas de agosto (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros + a bici).
Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.
A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia.



