60 bailaríns animarán Ribeira a través da úndecima edición do festival salsa na rúa

24 Agosto 2022

Setenta bailaríns van animar esta fin de semana as rúas da cidade con motivo do Festival
Salsa na Rúa que, organizado pola Escola de Baile El Tomasón, celebrará a súa undécima edición os días 26 e 27 de agosto despois de dous anos de parón pola pandemia.
A cita foi presentada nas instalacións da escola na rúa Alcalá Galiciano polo seu alma máter, Orlando González, acompañado da concelleira de Cultura María Sampedro e de diversos integrantes da
entidade organizadora: Diana Muñoz, Abdi Santiago, Rubén Medina e Susi Paz.
O programa arrancará na tarde do venres no parque García Bayón cunha masterclass do campión de Galicia de zumba á que lle seguirá una exhibición de pool dance. De dez a doce da noite a actividade
desprázase ata a rúa Alcalá Galiciano, onde haberá una sesión DJ con música latina.
O sábado a partir das dez da mañá ata as dúas da tarde haberá unha xornada de portas abertas na escola, onde se practicará distintos bailes como baile moderno, comercial dance, urban, bachata, salsa,
kizomba ou zouk A continuación no Malecón haberá unha exhibición de bailes latinos e unha roda xigante de casino cubano.
E o gran momento terá lugar a partir das nove e media da noite, cando todas as escolas e artistas participantes protagonizarán un gran show no Malecón.
Entre os artistas presentes destacan entre outros Rosalía GT, campioa de estilo libre procedente de Barcelona, ademais de contar con danzaríns de Portugal, Cuba, Brasil e Galicia.
María Sampedro felicitou a El Tomasón e á asociación Haveira polo incansable traballo que levan facendo durante vinte anos para dar a coñecer todos estes bailes á cidadanía da comarca. A edil avogou por
que a xente se involucre nas distintas propostas de Salsa na Rúa.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.