Na xornada do xoves, agárdase a chegada dunha fronte pouco activa durante a madrugada. Esta situación vai deixar ceos nubrados, con menos nubes no sueste, e algunha chuvieira dispersa e ocasional pola mañá, máis probable na provincia da Coruña. O sol e calor regresa o venres.
A partir do mediodía, irán diminuíndo as nubes en todo o territorio. As temperaturas mínimas continuarán sen grandes cambios, pero as máximas descenderán, en xeral, de xeito lixeiro, localmente moderado na provincia de Pontevedra. Quedarán sobre os 23 graos. Os ventos soprarán frouxos, de compoñente oeste.
| Temperatura do aire (°C) | MINMAX 17° 23° |
| Temperatura da auga (°C) | 16° |
| Índice ultravioleta máx. | 8 |

o noso mar: Vento en calma á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 0 a 1 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:52 | 3.2 m |
| Baixamar | 10:48 | 1.0 m |
| Preamar | 17:06 | 3.5 m |
| Baixamar | 23:21 | 0.9 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:44 | 3.1 m |
| Baixamar | 10:41 | 1.1 m |
| Preamar | 16:58 | 3.4 m |
| Baixamar | 23:14 | 0.9 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:50 | 3.1 m |
| Baixamar | 10:46 | 1.0 m |
| Preamar | 17:03 | 3.4 m |
| Baixamar | 23:19 | 0.9 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



