XI Regata CONGALSA: Chispetrén en Regata, Orión en Cruceiro-Regata e Galopín en Cruceiro levan a regata en Ribeira

09 Xullo 2022
Foto Juan Caballero

Juan Caballero.- Practicamente, con puntualidade meridiana, a XI Regata Congalsa arrincou arredor das 14.00 horas, tal e como estaba previsto no programa da competición que organizou, de maneira brillante, o Club Náutico Deportivo de Ribeira.

Unha vintena de embarcacións trazaron a volta a Sálvora, en sentido de sur a norte, aproveitando o 180 no eixo do vento, é dicir, sur cravado, con 6 nós na saída.

O Comité escolleu o numeral 2, entre as diferentes opcións, o máis sinxelo e directo dos rumbos, para garantir a finalización da regata, xa que a previsión meteorolóxica apuntaba a que, a media tarde, a
compoñente iríase desprazando cara á dereita para quedar, finalmente, nun 320, é dicir, un noroeste que mantivo a súa presión nos 7 nós.

Na clase Regata o vencedor desta XI Regata CONGALSA foi o Chispetrén, de Jesús Iglesias, do Club Náutico Arousa Norte, con Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro, do Ro Yacht Club, na segunda praza, sendo o bronce para o Leonciño, de Pablo Mallo, do Club Náutico e Deportivo de Ribeira.

En Cruceiro/Regata o posto dourado do podio foi para o Orión, de Alberto Pérez, do Monte Real Club de Iates de Bayona, seguido do Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico Arousa Norte. Terceiro, nesta División, foi o Cinco Islas Albariño, de Iñaki Carbajo, do Club Náutico Beluso.

Nos Cruceiro levou o triunfo o Galopín, de Manuel Franco, do Club anfitrión, o Náutico de Ribeira, grímpola que tamén defendeu o segundo clasificado que foi o Arousa VI, de José Luis Torres Colomer,
indo para o Club Náutico de Rianxo a terceira praza, a través do seu representante Gerardo Sánchez, ao temón do Orlando.

A entrega de premios celebrouse ás sete da tarde nas instalacións do Club Náutico e Deportivo, en presenza do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; a responsábel de Relacións Externas de CONGALSA,
Isabel Cañas; o presidente da entidade social e deportiva, José Luis Torres Colomer, acompañado dos seus directivos Justo Arevalillo, Francisco Muñiz, Ramón Doval e José Díaz; o concelleiro de seguridade cidadá de Ribeira, Víctor Reiriz; o capitán marítimo de Vilagarcía, Juan Andrés Pérez; a presidenta de Cruz Vermella de Riveira, Ángeles Cores; e a presidenta da Asociación de Amas de Casa de Ribeira, Puri Cores.

Foto Juan Caballero

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.