Este verán regresa a Porto do Son o programa de lecer, creatividade, cultura e deporte Xuventude Na Rúa. Serán novamente actividades gratuítas para mozas e mozos de 13 a 17 anos, a desenvolver durante os meses de xullo e agosto dende o día 15 deste presente mes. As inscricións para participar xa están abertas e poden facerse a través da web municipal ou o teléfono 981 767 589. O programa de propostas inclúe prácticas e obradoiros de graffiti, surf, percusión, fotografía e orientación. As prazas, segundo confirmou o Concello (organizador do programa), son limitadas.




