“Un asunto de todos: o cárcere da Torre”. Antón Luaces

29 Xullo 2022

Certamente está en terreos da Coruña. Mais o que foi cárcere provincial da Coruña,  situado a escasa distancia da Torre de Hércules (desde o ano 2009 recoñecida pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade) esmorece e na actualidade é unha verdadeira ruina, porque ninguén se fai cargo do mantemento dun que foi emblemático edificio que xogou un papel determinante na represión franquista contra os movementos políticos e sindicais e, específicamente, as revoltas obreiras na comarca de Ferrol marcadas de xeito determinante co asasinato polas forzas policiais no ano 1972 de dous traballadores do sector naval, no enlace vial coa ponte das Pías.

Pode que non sexa abondo a reclamación que fai o concello coruñés á Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios para que deixe nas súas mans ese case que centenario edificio. Tampouco o é a forza que fan distintas organizacións cidadáns para a cesión do inmoble; pero o certo é que a visión deste enorme edificio desde a veciña Torre de Hércules é lamentable. Moi lamentable.

Agás que a xestión do ICOMOS, organismo asociado á UNESCO que vela pola conservación do patrimonio cultural mundial, derrube as murallas que levanta decote a Administración central para manter baixo sete chaves un inmoble que deu acubillo durante a ditadura franquista a ducias de presos políticos: desde Alfredo Suárez Ferrín, último alcalde republicano da cidade, a Francisco Pérez Carballo (gobernador civil da provincia cando o alzamento en armas contra o Goberno republicano), pasando por José Gómez Gayoso, secretario xeral do Partido Comunista Español en Galicia, e membros da “guerrilla” como Benigno Andrade, alcumado “Foucellas”, foron moitos os que pasaron nas celas deste cárcere a súa derradeira noite con vida.

Esa xestión do ICOMOS demanda das distintas administracións a implementación dunha normativa que tutele esa antiga prisión provincial,

hoxendia unha auténtica ruina, e se apliquen as medidas necesarias para “restablecer a consideración e ornato” do inmoble.

O edificio do cárcere da Torre -como se coñece popularmente- foi construido  entre os anos 1925 e 1927 e, aló polos anos 80 do século pasado (cando ecoaban entre as súas paredes as historias dos membros da banda terrorista ETA que acubillaba, como tamén as dos membros do movemento obreiro de Ferrol) tiven a oportunidade de percorrer parte da prisión acompañado por un representante sindical de CC.OO. Foron varias horas de permanencia no cárcere da Torre, onde coñecín historias abraiantes e o cheiro a Zotal das dependencias xa desde o mesmo momento de acceder a elas, traspasada porta de entrada. Falara daquela co director do centro penitenciario e puden ver obxectos punzantes e cortantes feitos polos presos para atacar ou defenderse: culleras convertidas en navallas, fallebas en trenchas, garfos transformados en punzóns….

A súa actividade como cárcere rematou no ano 1997, que foi cando entrou en funcionamento o Centro Penitenciario de Teixeiro, onde permaneceu retido Apostolos Mangouras, capitán que fora do buque “Prestige”, causante da maior marea negra rexistrada en augas da península Ibérica.

A responsabilidade, a día de hoxe, da conservación do vello edificio do cárcere da Torre, corresponde á Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios (SIEP) xa citado e que deberá ser quen resposte á petición do ICOMOS.

Outros artigos

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

+

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...

+

Rosmando”. Xulio Xiz

Sorprendeu Democracia Orensana neste 18F entrando no Parlamento de Galicia por unha porta pequena cun resultado grande. Sorprendeume ver por Televisión a Jácome - do que a pesar de dedicarse á televisión local polo que tiña que caerme simpático, pode máis en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Creer en los políticos”- José Manuel Pena

“Creer en los políticos”- José Manuel Pena

“Con lo que cuesta la compra de un tanque, para la guerra, podrían comer unas 30.000 personas”. “900 euros es lo que cuesta insertar a una persona para el mundo laboral”. “Hace mucho tiempo que ya es difícil creer en la mayoría de los políticos, no es de recibo que se...

“Non é amoral, é inmoral” – Manuel Domínguez

“Non é amoral, é inmoral” – Manuel Domínguez

"Antonio” non é amoral, é inmoral. Unha persoa amoral actúa sen coñecer a moral e por tanto non sabe se obra mal ou ben, mentres que un inmoral é aquel que contravén as normas da moral e sabe que o fai como o puidemos ver. Eu a un político non lle pido que sexa...