Tres zonas urbanas da Pobra do Caramiñal dispoñen xa de puntos de compostaxe comunitaria

08 Xullo 2022

A Pobra do Caramiñal xa conta con tres puntos de compostaxe comunitaria. Estes están emprazados na contorna do Castelo (entre o edificio de usos náuticos e as pistas deportivas), do Caramiñal (a carón das pistas de Raquel Fernández Soler) e en Venecia (na contorna do paseo da Xunqueira). Segundo informou o Concello, trátanse de espazos que se elixiron por “ser superficies de titularidade municipal, cun punto de auga, preto de núcleos densos de poboación e na proximidade de contedores destinados a outro tipo de residuos (vidro, papel, aceite…)”. Estes colectores están xestionados por persoal municipal para controlar o proceso da compostaxe e o correcto uso por parte da veciñanza.

A concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), xunto coa técnica municipal desta área, Beatriz González, manifestou que a posta en marcha dos tres equipamentos exemplifica “a firme aposta da Administración local por ampliar o proxecto da compostaxe no municipio, nesta ocasión, dirixido a persoas residentes en edificios e vivendas unifamiliares sen terreo, despois de que se completasen as tres campañas de autocompostaxe que se traduciron no repartimento de 160 depósitos a particulares”. Animaron, polo tanto, á cidadanía a involucrarse neste novo formato.

A finalidade deste proxecto radica en “fomentar a sustentabilidade na xestión da materia orgánica na orixe, cuestión que redunda en beneficios medioambientais e económicos ó verse reducido o peso da fracción do resto depositada nos contedores xenéricos e, polo tanto, a cantidade de lixo para tratar por parte da SOGAMA”, sinalaron.

A implantación da compostaxe comunitaria está financiada por unha subvención da cal resultou beneficiaria a Administración local, ó abeiro das axudas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico na convocatoria de Residuos 2019 e 2020 (PIMA e PEMAR), que coas liñas de compostaxe pretende reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e mellorar na consecución do Plan estatal marco de xestión de residuos (PEMAR).

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.