“Saavedra” – Xulio Xiz

06 Xullo 2022

En Saavedra concítanse multitudes e soidade, con cambios radicais en cuestión de horas ou minutos. Multitudes, especialmente en maio, Os Milagres, nos días grandes e fins de semanas inmediatos, e en setembro pola festa das Angustias, padroeira da parroquia. Se as festas da padroeira son sonadas e concorridas, ás dos Milagres acoden milleiros de ofrecidos, sendo as mulleres – sen dispoñer das imposibles estatísticas- absoluta maioría entre os que acoden a pe, conseguíndose un razoable equilibrio entre os que escollen comodidade no cumprimento da Promesa feita á Virxe.

Partindo do santuario, para as miñas camiñadas teño catro estradas principais que se van bifurcando ata formar unha rede que permite cada día unha ruta diferente.

Para romeiros, as vías principais desde a estrada Rábade-Vilalba son a carballeira que conta con acceso directo, e o alto inmediato que polas festas é ó único acceso posible. Pero ademais hai unha vía que antes de saír a dous puntos da estrada preto do empalme de Rábade, se bifurca para descubrir un Begonte máis íntimo, e outra máis que sae á capital do concello con catro opcións a elixir.

Por iso cada día descubro lugares novos e saúdo aos que ao comezo se sorprendían da miña presencia, pero xa se foron afacendo a min.

Esta fin de semana, camiñaba en familia por unha das miñas pistas deportivas, e cruzámonos con avóa, nai e filla, que nos saudaron cun aquel de curiosidade. Media hora despois cruzámonos de novo noutra das grandes vías de Saavedra, e o saúdo foi cun sorriso, como se xa fosemos vellos coñecidos. É o que ten peregrinar por terra afeita a acoller camiñantes.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.