Ribeira amplía a escola municipal de teatro coa recuperación dun grupo xuvenil

08 Xullo 2022

O vindeiro luns abrirase o prazo de inscrición para unha nova edición da Escola Municipal de Teatro na categoría infantil e xuvenil.Así anunciouno esta mañá sabedes a concelleira de Cultura, María Sampedro, quen subliñou que se oferta esta actividade durante o curso escolar coa intención de fomentar e potenciar a creatividade, favorecer a convivencia, a socialización e tamén estimular o interese pola nosa lingua e cultura a través da práctica do teatro.

A boa acollida que estivo a ter nas últimas edicións animou nesta ocasión ao Concello a ampliar esta oferta, e ofrecela non só na categoría infantil, que engloba a participantes dos 7 aos 12 anos, senón tamén crear unha nova sección para a poboación xuvenil,cunha escola de teatro dirixida á mocidade de 13 a 17 anos, dando así a oportunidade a aqueles participantes de anteriores edicións que van medrando a continuar coa práctica do teatro e abríndoa novos e novas interesados nesta actividade.
“É unha boa nova que despois de 9 anos recuperemos o grupo xuvenil”, significou a edil, xa que o último foi en 2013; deste xeito a Escola de Teatro Municipal contará co grupo infantil de 7 a 12 anos, o
xuvenil de 13 a 17 e o afeccionado de 18 en diante, abrindo as posibilidades do acceso á formación en arte dramático de practicamente toda a cidadanía.

O prazo de inscrición ábrese a vindeira semana e contará con dous períodos. Do luns 11 ao venres 15 o prazo estará aberto para a renovación de praza do alumnado do último curso 2021-2022; estes
participantes poderán optar por matricularse, segundo corresponda pola súa idade, na categoría infantil ou na xuvenil e terán prioridade na reserva de praza. E a continuación, do 18 de xullo ao 18 de
agosto, teremos aberto o prazo para novas inscricións, tanto para a categoría infantil como para a xuvenil no caso de existir vacantes, que as haberá, pois o número de participantes o ano pasado foi de 17 e o total das prazas que ofertamos son 40, 20 de cada categoría.

As inscricións, como é habitual nas actividades municipais, formalizaranse a través do Rexistro Xeral do Concello, de xeito telemático no Portelo Dixital de www.ribeira.gal ou de forma presencial presentando a documentación na Oficina de Atención Cidadá en horario de 9 a 13:30h nos prazos indicados.

Para cada dun dos grupos disporemos dun máximo de 20 prazas e un mínimo de 10. As clases para ambas categorías terán lugar no auditorio municipal de Ribeira cunha duración dunha hora e media e
un día a semana (os mércores para o grupo xuvenil e os xoves para o infantil) comezando o curso na segunda quincena de setembro e rematándoo na primeira semana de xuño, coa intención de realizar un
espectáculo ou mostra coa posta en escena dalgunha obra teatral ao remate do curso.

En canto ao prezo, esta actividade ven regulada pola ordenanza fiscal correspondente e ten un custo de 127,92 € para todo o curso. Esta cantidade poderase ver reducida nun 20% como xa ven sendo
habitual para determinados colectivos como poden ser as familias numerosas, acolledoras, monoparentais, familias con dous ou máis inscritos na actividade, participantes que acrediten unha
discapacidade de ao menos o 33% ou familias nas que algún dos seus membros sexa desempregado de longa duración.

“Dende aquí gustaríanos animar aos nenos e nenas de Ribeira e á mocidade a apuntarse nesta actividade, tanto aos de renovación como a aqueles que queiran inscribirse por primeira vez pois o teatro é unha oportunidade idónea para espertar as aptitudes artísticas, creativas e sociais dos participantes e fomentar unha maior capacidade de comunicación, todas elas destrezas fundamentais hoxe en día”, concluíu María Sampedro.

Outros artigos

Adiado en Rianxo até o 17 de maio o acto de homenaxe a Rosalía

A Área de Cultura do Concello de Rianxo confirmou hoxe que por mor das condicións climáticas adversas previstas para este venres 23 de febreiro, o acto en lembranza de Rosalía de Castro que estaba previsto para a dita xornada na praza de Padrón (no paseo da Ribeira a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...