Regresa a carreira pola diversidade de AMBAR no 40º aniversario da Asociación

06 Xullo 2022

A Carreira pola Diversidade que promove a Asociación Ambar celebrará este domingo 10 a súa oitava edición dentro dos actos conmemorativos do 40º aniversario desta entidade que loita pola inclusión das persoas con diversidade funcional.
O evento foi presentado no consistorio local nun acto que contou coa participación da primeira tenente de alcalde, María Sampedro; o concelleiro de Deportes, Javier Sampedro; e a presidenta de Ambar,
Milagros Rey; así como de Joserra Figueira e Maricarmen González, tamén de Ambar, que ofreceron detalles da actividade; e de Moncho Vidal, que correrá na mesma.
A carreira dará comezo ás 10 da mañá na explanada de Coroso e contará con catro modalidades (zapatilla, zapatilla inclusiva, handbike e cadeira de rodas) ademais dunha ‘andaina libre’ que se poderá
completar entre o 4 e o 10 de xullo. Haberá ademais probas infantís para rapaces e rapazas de 5 a 16 anos que se sucederán unha vez remate a proba absoluta. Esta última transitará polas Carolinas e
Malecón ata chegar ata preto das letras de Ribeira e volta cara Coroso.
O prezo por participar é de 6 euros e as inscricións están abertas ata mañá xoves 7 de xullo, habéndoas que formalizar na web cronotec.es. Tamén existe a posibilidade de colaborar cunha cota dolidaria a través dun Dorsal 0.
No nome do Concello María Sampedro animou á xente a participar no ánimo de superar os 200 participantes que cada ano adoita congregar esta cita, un desexo ao que se sumou tamén a presidenta da
entidade, Milagros Rey.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.