“Puido volver e volveu”. Luis Celeiro

15 Xullo 2022

Baselisa cumpriría noventa e catro anos en febreiro de 2023, pero caeu da bicicleta, cando estaba entrando na eira da súa casa e xa ninguén poido salvala da morte. Era deportista, fora toda a súa vida unha loitadora polo ben común, polos dereitos dos homes e das
mulleres, dos humildes e dos traballadores, daqueles que como ela abandonaran o pouco que tiñan para ir a América, a mediados da década dos corenta do século pasado, seguindo os pasos de milleiros de galegos que para alá foron naquelas épocas, cunha man diante e a
outra detrás.
Era a bisavoa dos poucos nenos da aldea onde vivía, era a máis vella e a máis nova do lugar.
A que máis historias reais contaba, das que coñecía e vivira, das que pasara e sufrira, das
humillacións dos negociantes que negociaban coa miseria dos outros, dos galegos que tiñan
que pagar con cartos prestados a pasaxe para o outro lado do mar, para onde non sabían.
Ela, como moitas outras, foi seguindo o rastro daqueles milleiros de galegos que marcharan
empurrados pola fame.
Nun ensaio sobre a emigración galega a América, José Ramón Campos di que, no período
1885-1930, a afluencia de galegos cara a América era masiva e aporta datos: “fóronse neses
anos novecentos mil galegos, máis do 50% do total da emigración española”. Embarcaban
nos portos da Coruña, de Vilagarcía-Carril e de Vigo. Ían para Cuba, Porto Rico, México,
Arxentina, Brasil, Uruguai… e alá quedaban ata que podían volver, os que volvían.
Baselisa retornou a finais dos oitenta do século XX e quedouse para sempre naquel lugar
onde nacera, onde tiña as raíces enterradas, onde tiña a súas lembranzas e onde deixa a súa
memoria. Aquel salto da Galicia do interior a unha casa para servir aos señoritos na gran
cidade marcouna para sempre. Tal que, cando alugou unha casa para ela, comprou tres
pitas para ter ovos de calidade e para velas apañando as migallas de pan no chan da cociña.
Cando podía, aos anoiteceres, deixaba a bicicleta na esquina e conversaba cos veciños,
contáballes lendas do sufrimento dos emigrantes, dos “americanos en Galicia e Galegos en
América”. Entristecíase moito cando recordaba os primeiros días en Bos Aires, coa maleta
na cabeza pousada nunha rodela feita coa chaqueta e durmindo sentada na maleta. Tan
guapa, tan fermosa, intelixente e valente, ao final puido volver e volveu.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...