Prosegue a axenda cultural rianxeira nesta recta final de xullo con Titiriberia, os festivais da Lúa e Antrospinos, entre outras propostas

A cultura segue nesta recta final de xullo e faino cun menú destacado e variado de propostas. Por unha banda temos as novas actuacións do festival de monicreques Titiribeira, que continúa enchendo diferentes recantos de Rianxo con actuacións para públicos de todas as idades (poñendo o foco no público familiar) e pola outra temos o Festival da Lúa, que dá un novo paso nos seus obxectivos de iluminar e destacar espazos senlleiros do concello. A isto súmase a presentación dun libro sobre os refuxiados republicanos de Roberto Mera e a celebración do Festival Antrospinos en Taragoña. Tamén están programadas dúas actuacións: unha Banda da Escola de Música de Rianxo e outra de Xoán Curiel.

DO DOMINGO 24 AO 31 DE XULLO: Titiribeira, Olladas sobre os cristovos, festival de títeres tradicionais  Máis información.

VENRES 29 DE XULLO

  • 21.00 h – Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Presentación do libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos de Roberto Mera Máis información.

VENRES 29 E SÁBADO 30 DE XULLO: Festival da Lúa, iluminación artística en diferentes espazos e edificios da vila Máis información.

  • A partir das 22.00 h – En diferentes espazos e edificios da vila

SÁBADO 30 DE XULLO

  • XIV FESTIVAL ANTROSPINOS – todo o día – Campo Maneiro (Taragoña) Máis información.
  • 21.30 h – Campo de Arriba. XVII Ciclo de Bandas, Concerto da Banda Escola de Música de Beade. Máis información.

DOMINGO 31 DE XULLO

  • 21.30 h – Campo de Arriba. XVII Ciclo de Bandas, Concerto con Fusión coa Banda da Escola de Música de Rianxo e Píscore. Máis información.

LUNS 1 DE AGOSTO

  •  21.00 h – Praza de Rafael Dieste. Concerto Xoán Curiel co espectáculo Treides comigo!
A Banda da Escola de Música de Rianxo no Auditorio de Galicia