Presentado o XXXIII Gran Prix das Carrilanas de Esteiro

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do XXXIII Gran Prix Carrilanas Esteiro, xunto á alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, e o presidente da ADC Carrilanas de Esteiro, David Fernández. Este evento foi declarado Festa de Interese Turístico Nacional no ano 2021.

Screenshot

Durante a súa presentación, Castro salientou a importancia do evento, cualificándoo de “acontecemento de referencia do verán de Galicia, que provoca que se conte por miles as persoas que se dan cita en cada edición para gozar deste evento que xa é tradición no lugar”.

Tamén dixo que “grazas a festas como esta, Galicia convértese nun faro de cultura e tradicións, permitíndonos fomentar a diseminar a chegada de turistas a nosa comunidade a través de todo o territorio”.

No marco do evento actuarán Xoel López, Ortiga, Heredeiros da Crus, SÉS, e A banda da Loba, entre outros.

Podemos ver máis información sobre o programa, en detalle, na web das Carrilanas de Esteiro.