Presentada na Pobra a novela Herederos de Caín, de Daniel Casteldom

16 Xullo 2022

Daniel Casteldom presentou neste 15 de xullo a súa primeira obra, Herederos de Caín; unha novela de ficción que satiriza a sociedade na cal vivimos a través duns personaxes que entran no narcotráfico galego e sofren todo tipo de adversidades froito das súas accións. Trátase, polo tanto, dunha historia repleta de intriga e dinamismo, con algunha pincelada de humor.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), quen participou no acto que se desenvolveu no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, aludiu á valentía do escritor por aventurarse cun relato destas características, pois fixo fincapé en “que a cultura constitúe un vehículo de expresión para abordar temas que non son fáciles nin cómodos”. Nesta liña, referiuse a “que a cultura ten unha función divulgativa, pedagóxica e reivindicativa”.

A edil puxo en valor a necesidade de apostar polos escritores noveles para axudarlles a consolidarse no panorama literario. De feito, Casteldom xa se atopa inmerso na súa segunda novela.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.