Pesar nas Letras Galegas pola morte de Basilio Losada, académico de honra da RAG

10 Xullo 2022

O filólogo e investigador da lingua e cultura galega e portuguesa, ademais de académico de honra da Real Academia Galega, Basilio Losada (Láncara, 1930), faleceu este sábado en Barcelona aos 92 anos.

O tradutor, investigador e profesor, emigrante en Cataluña desde neno, foi o primeiro catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universitat de Barcelona e referencia obrigada da cultura galega en Cataluña desde os anos 60.

Nun comunicado, a RAG lamentou o falecemento de Basilio Losada, ao que destacou como un tradutor que contribuíu á proxección das letras galegas fose de Galicia traducindo ao castelán a autores como Xohana Torres, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro ou Uxío Novoneyra, entre moitos outros.

‘Poetas galegos de posguerra’ (1971), ‘Poetas galegos contemporáneos’ (1972) e ‘Poetas galegos de hoxe’ (1990), publicados en edicións bilingües, son algúns exemplos deste labor.

Así mesmo, a RAG destaca tamén as súas traducións de voces poéticas catalás ao galego e de clásicos e contemporáneos do mundo lusófono ao castelán, contribución que lle valeu, en 1991, o Premio Nacional de Tradución por ‘Memorial do convento’ de José Saramago.

O lancarés deixa ademais un importante legado como investigador e divulgador das letras galegas, portuguesas e brasileiras. Mestre apreciado polas xeracións de filólogos que se formaron xunto ao, subliña a RAG, mereceu tamén o recoñecemento de institucións do ámbito catalán, galego e lusófono.

A Generalitat de Cataluña concedeulle a Creu de Sant Jordi, en Brasil recibiu a Orde do Cruceiro do Sul; en Portugal, a Comenda dá Orde do Infante don Henrique; e en Galicia, a Medalla Castelao e o Premio Otero Pedrayo. No ano 2015 ingresou na Real Academia Galega como académico de honra cun discurso titulado ‘Reflexións sobre as primeiras novelas de Rosalía de Castro’.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.