Peregrinos italianos iniciaron en Ribeira o Camiño de Santiago A Orixe

29 Xullo 2022

Un grupo formado por corenta mozos e mozas italianos participantes na Peregrinación Xuvenil Europea principiaron a primeira hora da mañá deste 29 de xullo o Camiño de Santiago A Orixe, o percorrido xacobeo que discorre pola nosa comarca.

Os peregrinos, pertencentes á diocese de Lucca, foron acompañados polo concelleiro Víctor Reiriz, quen tamén estivo este xoves 28 representando ao Concello na presentación desta acción na Pobra a iniciativa da Mancomunidade Barbanza Arousa e a Asociación de Amigos do Camiño A Orixe.

Os camiñantes alcanzaron a praza da Porta do Sol ás dez da mañá e alí tiveron ocasión de selar as credenciais para gañar a Compostela unha vez alcanzada a catedral de Santiago. Alí foron recibidos pola tenente de alcalde María Sampedro.

Outros artigos

Ribeira prepárase para unha nova edición do IV Ciclo da USC

O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo de matrícula da IV Ciclo da USC ata o 24 de xullo; unha acción formativa dirixida a alumnado maior de 50 anos, tal e como indicou a concelleira de Educación, Nucha Brión. Segundo manifesta a edil, "nunca é tarde para seguir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.