“Paradela” – Xulio Xiz

14 Xullo 2022

Celebra Paradela o bicentenario como Concello, con atraso porque a COVID aprazouNO, acaendo ben neste Xacobeo prolongado por ser Paradela fito no Camiño Francés, e por iso erixiu a estatua obra de Cándido Pazos, dun Cabaleiro de Santiago, Orde defensora do Camiño e dos peregrinos, que naceu no antigo mosteiro paradelense de Loio.

O bicentenario poden celebralo os concellos que naceron ao abeiro das Cortes de Cádiz e da Constitución de 1812, que estableceu o sufraxio universal, aboliu a inquisición, e fixo nacer o Novo réxime. E Paradela tiña claro que unha data así tiña que celebrala con brillantez e ofrece en seis meses tres exposicións, cinco libros, catro monografías, un monumento e un monólito, e moitos outros actos entre os que destacan a recuperación de romarías históricas e cadansúa homenaxe aos maiores, aos peregrinos, e aos músicos cun encontro de bandas entre a de Paradela (cumpre 149 anos) e “Sons e Soños” de Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Friol.

Destaca a exposición “Do tempo das luces”, con 3Insertar fórmula celecelebrando2 paneis de fotos antigas de xentes de Paradela, subliñando que naqueles anos do século XIX naceu a fotografía, a luz fixo posible plasmar nun soporte físico as imaxes da vida que pasa arredor de nós, e ao tempo os pobos, gobernándose a si mesmos, comezaron un tempo de luz para a vida colectiva. Que logo houbera clarescuros non fai máis que poñer de manifesto o avance que supuxo daquela que os votos da cidadanía marcasen o rumbo dos concellos.

Paradela festexa o inicio do seu “tempo das luces”, e as fotos lembran que a luz e a liberdade son elementos esenciais para a vida da sociedade e das persoas.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.