O cantante e multiinstrumentista galego Paco Nogueiras, sen dúbida un dos artistas preferidos da nosa rapazada, estará este 12 de xullo ás 12.00 horas en Boiro, para ofrecer un novo espectáculo musical: o espectáculo Extra!. A cita será no Paseo Marítimo de Barraña, a carón do Edificio das Colonias da praia Xardín.
Extra! é un espectáculo baseado no libro-CD do mesmo nome, editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos e na que se rende tributo ao oficio de xornalista e ao todo o que implica esta profesión. De feito, no libro-CD os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.




