Operarios do PEL e do Concello rozan estes días a totalidade dos núcleos de Dodro

06 Xullo 2022

Os operarios do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación, xunto cos propios operarios do Concello de Dodro, están a facer labores de roza nas aldeas do termo municipal. Fano, segundo indican fontes do Consistorio, seguindo o plan de traballo establecido polo concelleiro de Obras, Ramón Abuín, para “acadar a limpeza de todos os núcleos de Dodro no menor tempo posíbel”.

O Concello explicou que ao abeiro desta liña de traballo xa foron rozadas as aldeas de Bustelo, Teaio, Traxeito, Revixós e Dodriño, entre outras. Este mércores 6 de xullo os operarios estaban a poñer o foco nos interiores de Bexo. Así mesmo o tractor xa limpou as cunetas da estrada de Imo a Teaio, as pistas da veiga de Bexo ate Imo, arredores de Eiró, e a estrada de Bustelo entre outras.

Outros artigos

Dodro organiza este domingo 4 de outubro unha xornada micolóxica

Este 4 de outubro (domingo) a veciñanza de Dodro ten unha cita cos cogomelos. Será unha xornada micolóxica organizada polo Concello para aprender e recoller diferentes tipos de cogomelos e coñecer as súas principais características para telos sempre identificados e...

+

O BNG de Dodro demanda máis persoal municipal

Desde o principio do mandato o BNG de Dodro está trasladando aos gobernos locais e autonómico a preocupación veciñal polo que é, nas súas palabras, "unha falta de investimento en Dodro" e "unha falta limpeza e asfaltado ao longo da estrada da Xunta AC-305 que vertebra...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.