O Concello de Porto do Son, ao abeiro do programa O Son Camiña (circuíto de rutas municipal, edición 2022), organizou para o vindeiro 11 de xullo unha nova convocatoria da tradicional peregrinación dende a vila sonense até a capela de San Benito de Seráns. A saída (dende a fachada marítima da vila) será ás 8,30 horas. Non se precisa inscrición para participar. A ruta realizarase de xeito cen por cen libre (é un roteiro non marcado).




