Un verán máis, Porto do Son confírmase como un destino de primeira liña turística, paisaxística e medioambientalmente falando, pero tamén dende o punto de vista cultural en todas as súas vertentes. O Concello compartiu estes días o seu cartel de actividades e estamos ante un novo exemplo de axenda completa, diversa e para todas as idades.
O mes de xullo comezou con forza co Rompetiño Jump (do 1 ao 3 de xullo) e co recital de fin de curso da Escola Municipal de Música (ESMU), o día 5, e logo o listón seguiu ben alto co teatro de Malasombra (Habeas Corpus, o 9 de xullo), co inicio dos obradoiros e campamentos de Movida Urbana (a partir do 11 de xullo), co animación infantil de O Show de Fifo (o día 11 na praza de España) e coa tradicional Ruta a San Benito de Seráns (o día 11).
A axenda prosegue este día 14 co teatro infantil Monstros no Camiño (de Urdime, na praza de España a partir das 11.00 horas), co obradoiro Robótica Educativa (o día 18 de xullo na Casa da Cultura de Portosín, a partir das 11.00 horas), coa Ruta Azul de Portosín (ruta nocturna do día 23 de xullo, con saída da praza do Curro ás 21.30 horas), coa Regata de Verán (o 23 de xullo, Real Club de Portosín), co espectáculo Contos e cantos que coidan da Terra (o día 26, da man do Bardo Abelardo, na Casa da Cultura de Portosín a partir das 11.00), coa Feira Celta (días 29, 30 e 31 en Porto do Son). As actividades de xullo complétanse coas mostras Redeiras de Portosín, de Antonio Pérez (do 1 ao 31, na Casa da Cultura de Portosín) e Gravados e acuarelas (de Pepe Daviña, na Casa da Cultura de Porto de Son até o 30 de xullo).
Xa en agosto, destacamos as seguintes citas culturais e deportivas: Contos para pasalo de medo (o día 1, da man de Carmen Domech, na Casa da Cultura de Portosín a partir das 11h), a actividade infantil Arquitectas con A (a cargo de Sheila García Prado, na Casa da Cultura de Portosín a partir das 11h), o Trofeo de Tenis (días 5, 6, e 7), a II Regata de Verán (día 6, Club Náutico de Portosín), o Mini BB Sonense (día 7, Club Ciclista de Porto do Son), o festival O Son da Danza (certame de baile da Escola Municipal Anduriña, o día 13 na praza de España ás 22h), a Ruta do Polbo (o día 13 no porto da vila sonense, a partir das 8h), o 3×3 Basquet na Rúa (13 e 14 de agosto), a actuación da BMT Suevia (o día 15 na praza de España, ás 22h), o espectáculo do Mago Xacobe (na praza de España o día 16 de agosto, ás 11.30h), o concerto de Soto e Hijos (día 19), a Regata Mar de Finisterre (días 20 e 21, Club Náutico de Portosín) e a Ruta da Tarela (día 21, na fachada marítima do Son, ás 9h). Complétase o programa cunha exposición de pintura das Amas de Casa de Porto do Son (entre o 1 e o 31 de agosto na Casa da Cultura sonense) e coa mostra Arte da Mar (até o día 31 de agosto, na Casa da Cultura de Portosín).




