O grupo socialista de Ribeira, a través do concelleiro José Manuel Vilas, presentou unha pregunta para ser tratada en pleno relativa aos composteiros comunitarios de Abesadas-Fafián e de Fontán-Martín. Segundo explican, “as ditas áreas de compostaxe están destinadas a recibir a fracción de residuos orgánicos dos domicilios dun radio de 500 metros, así como os residuos procedentes do comercio de alimentación e hostalería próximos a eles”. Tamén os produtos das rozas e das podas e de cortar, tanto en hortas como en xardíns particulares como en espazos públicos. Malia este importante potencial para dar segunda vida a estes residuos e contribuír á sustentabilidade no municipio, e malia estar rematados dende hai catro meses, os socialistas critican que os composteiros se atopen aínda precintados, rodeados de cinta de obras, “polo tanto sen habilitación”.
Por todo isto, os socialistas lanzan as seguintes preguntas:
-Cando vai proceder o Concello á inauguración dos composteiros?
-Cal é o motivo de que estean precintados, sen acondicionar (broza), e que non se destinen os composteiros a súa función de recoller os residuos orgánicos?




