O portavoz do PBBI responde as acusacións do Pp

22 Xullo 2022

Vicente Mariño, voceiro do PBBI respondeu esta tarde á nota de prensa do PP de Ribeira no que, tal como recollemos en “obarbanza.gal”, se lle acusou de mentir por tres veces sobre a súa participación na tramitación da gasolinera de Xarás, reproducimos integra o comunicado do voceiro do PBBI:

O portavoz ve nesas acusacións unha maneira moi pobre de tentar escapar dunha situación bastante insostible para o alcalde e o seu equipo no caso da licenza da gasolineira de puntos baixo custo.
O portavoz PBBI indicou que o alcalde tal e como fixo mención no pleno estaba en Ribeira e a pesar diso non asistiu á xunta de goberno.
O portavoz do PBBI indica que aclara que na acta non se reflectiu fidedignamente o desenvolvemento da xunta de goberno pois VM ausentouse a partir do punto en cuestión da licenza.

O portavoz do PBBI indica que o alcalde é moi coñecedor das normas para ser obrigatoria a ausencia ás xuntas de goberno.
O portavoz indicou que aí é onde está o quid da cuestión.
Así mesmo o portavoz indica que aínda a pesar de todo aínda hai máis gravidade.
O que importa, é a posterior licenza de legalización que concede o alcalde e o seu equipo, unha vez que existía xa unha Sentenza que revogaba a previa, e que era firme desde o Auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso), de 19 outubro de 2020, sección Especial de Casación.
E o Concello deixou voluntariamente de cumprila, a pesar de que así llo impón o artigo 104 da Lei Reguladorada Xurisdición Contencioso-Administrativa, para dar tem po á tramitación dun novo procedemento de legalización á licenciataria, baixo a escusa dun suposto expediente de regularización
catastral.
Noutro asunto o portavoz do PBBI tamén fai mención do último teatro que fixo ao finalizar o pleno usando o alcalde outra acta de xunta de goberno.
O portavoz lembra as palabras máxicas do alcalde tentando eludir o vulto e distraer aos veciños de Ribeira e de paso aos concelleiros:

1º.- “Vd. (Sr. Mariño) estivo presente na Xunta de Goberno na que se acordou a desestimación do recurso de reposición formulado contra o outorgamento da licenza…”. 
O portavoz do PBBI sinala que , se como o Sr Ruiz , indica a tramitación municipal fora perfecta, e, ademais, a cuestión relativa ao incendio só puxérona de relevo os recorrentes ao tempo de interpoñer a demanda do primeiro dos recursos contencioso-administrativos, que outra opción cabía, se os técnicos municipais foron quen previamente informaron desfavorablemente á admisión dese recurso de reposición en vía administrativa, e levou así o acordo, previamente redactado, á Xunta?.
 
O Sr Ruiz . non quere prevaricar, e ao portavoz do PBBI case llo quere impoñer.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...