O PIE de Amicos inseriu laboralmente a 53 persoas no primeiro semestre

27 Xullo 2022


Amicos celebrou este mércores 27 de xullo, no Auditorio Municipal de Ribeira, o acto de recoñecemento ao alumnado que se formou durante o primeiro semestre de desenvolvemento do Programa Integrado de Emprego 2021–2022.

O obxectivo principal do Programa Integrado de Emprego (PIE) é a mellora da ocupabilidade e a
inserción laboral das persoas en situación de desemprego mediante a combinación de accións
de formación, prácticas non laborais e prospección e mediación coas empresas.

O acto estivo guiado por Laura Castro, participante do Programa Integrado de Emprego 2021-2022. Estivo acompañada de Nerea Ageitos, participante do programa durante o ano anterior, que pronunciou o relatorio Por catro esquiniñas de nada, unha historia dun sono inalcanzábel: atopar un traballo acorde as necesidades de cada un e unha.

Manuel Emilio Pérez Outeiral, segundo tenente alcalde de Ribeira, deu a benvida a todos e todas o acto
recalcando que “todo o que estea nas nosas mans estaremos ao voso carón brindando o máximo
apoio na vosa causa”.

De seguido, Xoan España, director xeral de Amicos, explicou os resultados alcanzados ata o
momento, salientando fitos tan relevantes como o feito de que dos 122 participantes que estiveron no Programa Integrado de Emprego 2021-2022 de Amicos, 53 xa puideron acceder ao mercado laboral. Todos e todas residen nos concellos de Boiro, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Noia e Porto do Son.

Ademais, tamén destacou que arredor de 70 participantes do programa xa realizaron varios itinerarios formativos en comercio (175 horas), almacén e industria (80 horas) e limpeza (90 horas) polos cales recibiron o seu correspondente diploma.

Nos meses que restan, o alumnado terá a posibilidade de continuar a súa acción formativa a través dos seguintes cursos: Acompañante de transporte escolar, Alfabetización informática e Formación en emprendemento e mobilidade internacional. Xoan España animou a todos os participantes a que “a pesar da dificultade, cada día temos que dar un pasiño máis”.

Ademais, asináronse 21 convenios de prácticas con empresas da comarca. No acto deste mércores 27 contouse coa participación de varios representantes destas empresas, como é o caso de Estefanía López Amado, técnico de Organización e Talento en Vegalsa-Eroski, que deu “os parabéns a todos los participantes que fixestes posíbel a consecución destes datos”.

Do mesmo xeito, Luisa Vidal, representante do Grupo Nexo, animou a todos e todas os participantes porque “seguir formándose é a única forma de conseguir un emprego”.

O Programa Integrado de Emprego 2021 – 2022 está financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal, Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social. Por este motivo contouse no acto coa presenza de Fernando González Abeijón, director xeral de Persoas con
Discapacidade, que agradeceu o labor de Amicos, “unha entidade que fai que Galicia sexa máis
xusta e inclusiva” e felicitou a todo o alumnado por “ter chegado ata aquí”.

Doutra banda, Judit Fontela Baró, xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e
Igualdade, sinalou que o PIE “é un dos mellores instrumentos para mellorar a empregabilidade”. Engadiu: “Amicos aporta valor a todas as vantaxes do Programa Integrado de Emprego”, pois “as súas metodoloxías centradas na persoa son garantía de éxito”.

Outros artigos

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

Achan cadáver flotando no mar en Rianxo

Esta tarde, ao redor das catro, foi localizado o cadáver dun home flotando no mar, á altura de Punta Abuín, na desembocadura del Río Ulla, na parroquia de Leiro. Aínda que aínda falta a confirmación oficial, sospéitase que podería tratarse de Félix Triñanes Sánchez,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...