O PBBI critica a convocatoria da xunta de voceiros no que di, se cambiou a orde do día. Convocado Pleno Extraordinario para o próximo mércores pola situación da gasolineira

15 Xullo 2022

O PBBI, en boca do seu portavoz, Vicente Mariño, criticou en nota de prensa a resposta do alcalde ribeirense pola moción presentada hai uns días sobre o expediente de licitación da gasolineira de baixo custo e a reprobación do alcalde.
Segundo o voceiro da fomación durante o día de onte na xunta de portavoces, produciuse unha alteración da orde do día que Mariño calificou de encerrona aos grupos, ou polo menos así o
entende o Partido Barbanza Independente, o ocultar a orde do día. Na xuntanza interviron basicamente o xurído e o abogado do concello para informar da situación do expedente da gasolineira de Xarás.

O PBBI entende que esta forma de actuar está fóra da orde democrática, é por iso que quere poñer de manifesto que, esa xunta de portavoces, a partir dos dous primeiros minutos deixou de ser unha reunión formal, para o que se atopa na súa liberdade para comentar o que sucedeu.

Ademais, Vicente Mariño, portavoz do PBBI manifestan a que califican de pouca educación e saber estar do rexidor. É por iso que a fromación segue tendendo a man aos grupos políticos para estudar unha substitución inmediata na alcaldía de Ribeira e acusa o alcalde se usar o cargo no seu beneficio.

A este respecto o alcalde de Ribeiura acaba de convocar un Pleno Extraordinario para o próximo mércores 20 ás 20,00 horas para abordar a situación da gasolineira e aportar toda a documentación e o expediente da mesma. Con elo Manuel Ruíz quere poñer punto e final ás declaracións e rumoroloxías que, di, algúns representantes políticos están a difundir malintencionadamente co fin de desprestixiar o rexidor.

Consistorio de Ribeira






.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.