O pavillón municipal de Sirves, na parroquia de Olveira, dará cabida este sábado ao Campionato Provincial Libre de Patinaxe en categoría nacional, modalidades de benxamín a infantil: un certame que foi presentado esta mañá no consistorio local por parte de Dolores Novo, tesoureira do Club Patinaxe Ribeira, que se responsabiliza da súa organización; e máis polo concelleiro de Deportes Javier Sampedro.
Serán un total de 33 os patinadores de toda a provincia que se dean cita na competición, catro das cales pertencen ao club local: Marta Blanco, Xela González, Luisa Queiruga e Sabela Arias.
O campionato dará comezo ás dez da mañá e está previsto que finalice en torno ás oito da tarde.
Javier Sampedro felicitou ao club por esta iniciativa e animou á veciñanza a corresponder acudindo a presenzar a beleza deste deporte.




