O libro de Roberto Mera sobre a vida do seu tio bisavó, rescatador de republicanos na 2ª Guerra Mundial, preséntase en Rianxo

Este venres 29 de xullo, ás 20.00 horas o salón de actos do Auditorio de Rianxo acolle a presentación do libro de Roberto Mera, Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos. Roberto Mera narra nesta obra a extraordinaria odisea iniciada o 18 de xullo de 1936 polo seu tío bisavó, recuperando para a historia a proeza dun home íntegro e entregado aos demais.

Na presentación ademais do autor da publicación, estará presente Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo.

O libro lévanos ao contexto da Europa ocupada polos nazis e aos esforzos de miles de exiliados republicanos españois que devecen por chegar a América para salvar as súas vidas. Entre eles atopábase Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877 - México DF, 1952), deputado republicano de esquerdas que organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas colectivas a distintos países de América, na súa maioría a México. Cos alemáns en Francia, Viana arriscou a súa vida para continuar axudando os exiliados até que,acosado pola Falange e a Gestapo, emprendeu en 1941 unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México. Alí reencontrouse tempo despois coa súa dona, tras once anos de separación, e viviu coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra.

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 90