O Concello de Lousame alerta sobre un intento de estafa por parte de dous falsos traballadores dunha compañía eléctrica

07 Xullo 2022

O Concello de Lousame alertou sobre un intento de estafa por parte de dúas persoas que se fan pasar por traballadores dunha compañía eléctrica para ofrecerlles aos veciños e veciñas un bono social con motivo da situación dos prezos do mercado actual. Dende o Concello de Lousame recomendan “que non se facilite ningún dato, nin persoal nin bancario, e que se denuncien os feitos ás forzas de seguridade”.

O Concello de Lousame ten constancia destas tentativas de roubo esta mesma semana. Nelas, dous falsos comerciais dunha compañía eléctrica dirixíronse a persoas maiores do municipio para tentar obter os seus datos bancarios e contrasinais de acceso. Diante desta situación, dende o Consistorio recomendan comprobar sempre a veracidade da identidade das persoas coa empresa de luz ou gas e non facilitar ningún tipo de información sensible. E, ante calquera dúbida ou sospeita, o Concello de Lousame aconsella chamar á Garda Civil ou poñerse en contacto co propio Concello (981 82 04 94).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...