O BNG cualifica o pleno da estación de servizo de Xarás como “oportunidade perdida”

21 Xullo 2022

Este mércores 20 de xullo celebrouse en Ribeira un pleno extraordinario no que se debateu arredor da cuestión da polémica estación de servizo de Xarás, cuxa licenza segue en entretido por parte dos partidos da oposición. O BNG emitiu con posterioridade á sesión un comunicado no que achega o seu parecer sobre as cuestións tratadas na mesma. Para os nacionalistas, foi “unha oportunidade perdida para que o Concello dese explicacións sobre a gasolineira e depurase responsabilidades”. Amais, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego mostrou a súa preocupación ante o que consideran “unha xestión nefasta” do Goberno local á hora de tramitar os permisos para instalar unha gasolineira de baixo custo en Xarás.

Luis Pérez Barral nunha imaxe de arquivo

Desde o BNG dixeron que esta xestión “puxo en risco cartos públicos e tamén os postos de traballo que se xeraron coa apertura desa gasolineira”. E engadiron: “Estamos moi preocupados porque vemos a un Goberno incapaz de buscar alternativas para asegurar o emprego e ocupa o tempo en buscar desculpas no canto de traballar para clarificar todo o acontecido”. O portavoz nacionalista Luís Pérez Barral puxo o foco en desmentir os informes favorábeis: “O BNG ten alomenos dous informes de Montes, dependente da Consellaría de Medio Rural, nos que se aclara que a parcela sufriu tres incendios e que, polo tanto, estaría afectada pola prohibición que establece a lexislación sobre os cambios de uso após un incendio forestal”. Desde o BNG tamén recoñecer botar en falta “maior transparencia sobre todo este asunto xa que”, segundo informan, “non se nos facilitaron todos os informes nin documentos e os que se nos deron foi o día antes do pleno”.

O BNG advirte de que puxo o tema en mans do seu equipo xurídico para determinar o alcance das sentenzas e informa de que esixirá a depuración de todas as responsabilidades políticas a nivel local e a nivel galego. “Onte o alcalde desaproveitou a oportunidade para dar toda a información e incluso desculparse dos erros cometidos pero nada diso aconteceu”, aseguran desde o BNG. “Haberá que agardar a novos ditames xudiciais pero hai unha cousa certa, que se infrinxiu a lexislación tal e como se demostra en sentenza xudicial pois a Xustiza rexeitou os argumentos esgrimidos polo goberno local e ditaminou que as actuacións realizadas foron irregulares. Non imos tolerar que Ruiz e o seu equipo miren para outro lado, deben asumir as súas responsabilidades” conclúe Barral.

Outros artigos

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

En Ribeira detectado un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres

Corresponden a cinco exemplares de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis), dos cales catro foron recollidos en Xove e o quinto en Ribeira. A Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...