Mauro Domínguez, campión europeo de K4, foi recibido polo alcalde rianxeiro e o concelleiro de Deportes

01 Xullo 2022

Este xoves 30 de xuño o alcalde rianxeiro Adolfo Muíños Sánchez e o concelleiro de deportes Xusto Ordóñez, recibiron no Consistorio a Mauro Domínguez Figueira, campión europeo de K4 nas probas recentemente disputadas en Belgrado e ao seu adestrador Javier Villaverde Pérez “Jabucho”.

Mauro Domínguez Figueira (Rianxo, 2004) é unha das grandes promesas do deporte da nosa comarca. Debutou no piragüismo con 14 anos e pouco despois xa era integrante da selección española.

Na súa xuntanza con Muíños e Ordóñez, Mauro e “Jabucho” falaron da súa experiencia no Campionato Europeo de Belgrado e do seu duro e esixente adestramento diario en terras asturianas con técnicos da selección española, e da súa preparación de cara ao vindeiro campionato en Sevilla.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...