
Manuel Ruiz Rivas acaba de ser proclamado Presidente do Partido Popular de Ribeira cun 99% dos votos depositados nas urnas no Congreso Extraordinario que se celebrou nas instalacións do Liceo Marítimo
de Ribeira.
Logo da súa proclamación, Ruiz Rivas tomou a palabra para dar as grazas: “cando un chega a onde eu cheguei, que a maior ilusión que tiven na vida, ao final o que lle queda é o agradecemento a
todos os que o fixeron posible, e sobre todo ao partido”.
Así mesmo, manifestou antes de ceder o testigo marcouse tres metas, unha das cales dá por conseguida co resultado de hoxe: deixar un partido unido. “Hoxe este partido está unido, o partido somos os que estamos aquí, este é o Partido Popular, o de Manuel Fraga, Núñez Feijóo ou Alfonso Rueda: os que están fóra teñen outras siglas”, declarou.
E sobre a base desa unión avanzou o seu segundo obxectivo: deixar o goberno como el o colleu, con maioría absoluta, pois “este pobo estase parando en multitude de cuestións porque a outros non
lle convén que se sigan facendo obras e cambiando Ribeira”.
Proxectos en marcha
Ao fío desta afirmación, Ruiz Rivas sinalou como terceira aspiración ver cumpridos como alcalde todos os proxectos que están en marcha, “que non é pouco”, e citou entre moitas outras a ampliación do hospital, o novo centro de saúde, a variante, o polígono industrial ou a residencia de terceira idade. Recordou outras que xa se poden conseguir como a nova comisaría, o Punto de Encontro Familiar ou a ampliación de Urxencias.
A continuación tomaron a palabra Fabiola García, a secretaria xeral do PP de Galicia Paula Prado del Río e o presidente do PP Provincial Diego Calvo Pouso.
Calvo apela á “unidade” para que o PP de Ribeira logre a maioría absoluta e siga sendo un referente da política municipal
“É o momento de sumar para gañar. O momento de unirnos en torno o proxecto do noso querido Manolo Ruiz Rivas para lograr a maioría absoluta que se necesita para gobernar o Concello de Ribeira”. Así de claro e de contundente mostrouse hoxe o presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, na súa intervención durante o congreso local dos populares, no que Manuel Ruiz Rivas foi elixido como presidente do PP de Ribeira co apoio do 100% dos votos.
Acompañado pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, polo secretario xeral dos populares na provincia da Coruña, Evaristo Ben, e pola vicesecretaria territorial, Fabiola García, Calvo tivo palabras de
agradecemento para a Ruiz Rivas polo seu traballo á fronte do consistorio da comarca de O Barbanza, á vez que se referiu ao rexedor como “un referente” a nivel político e persoal durante moitos anos.
Ao longo da súa intervención, o presidente provincial fixo un repaso de todo o vivido durante os últimos anos pola súa formación no Concello de Ribeira.
“Chegar ata aquí non foi fácil, ter un goberno tantos anos foi complicado e todos sabemos que vivimos mellores e peores momentos”, afirmou o popular, quen apuntou que agora é o momento de
dar o último empuxón para alcanzar a maioría absoluta nas eleccións municipais do próximo ano.
Neste sentido, Calvo asegurou que agora veñen meses duros e de moito traballo nos que, apuntou, será “fundamental” unir a toda a familia do Partido Popular ao redor dun proxecto, o de Ruiz Rivas, que demostrou, dixo, ser serio, rigoroso, gañador e coherente. “As portas da nosa formación están sempre abertas para todas as persoas que queiran sumar e que queiran traballar por Ribeira. Aquí ninguén sobra, ao contrario, somos todos moi necesarios”, subliñou.
Lonxe de quedar aquí, o líder dos populares na provincia non dubidou á hora de asegurar que a súa formación é “case invencible cando se pon a traballar unida”, e recalco a “importancia” de non permitir que outras forzas minoritarias tiren abaixo o sentir maioritario dos veciños de Ribeira.
O bo momento do PP Calvo tamén tivo tempo para facer balance da situación que vive agora a
súa formación a nivel autonómico e nacional. Sobre este punto, o presidente provincial resaltou o bo momento que atravesa o PP desde a chegada de Alberto Núñez Feijoo á presidencia nacional. “Hoxe a xente venos como unha opción seria de goberno. E non só en Galicia, tamén en Andalucía, en Estado e tamén aquí en Ribeira”, afirmou.
Para o popular, este feito ten que servir como o impulso definitivo para que Ruiz Rivas logre a maioría absoluta. “Si damos a imaxe de partido serio, con propostas, con unidade e co aval do feito ata o de agora, non teñades dúbidas de que en maio do 2023 celebraremos esa maioría aquí en Ribeira”, concluíu Calvo.




