Lousame traslada á Xunta os graves prexuízos que os continuos cortes de luz causan aos veciños e á Administración

22 Xullo 2022

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, vén de enviar un escrito a Xefatura Territorial de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de A Coruña na que pon no seu coñecemento a situación “totalmente anacrónica do subministro eléctrico en Lousame, o que causa graves prexuízos á veciñanza e á Administración”, segundo se indica na misiva, onde se engade que “dende hai varios meses hai cortes intermitentes do servizo eléctrico que causan danos nos electrodomésticos e impiden que a xente poida teletraballar ou estudar dende as súas vivendas”. A rexedora fai saber que estes problemas son continuos e recentes e que “onte mesmo houbo dous apagamentos que duraron bastante tempo nalgunhas aldeas (Chave, Ces, Portobravo…) e que impediron que a xente fixera as súas tarefas, ademais de estragar electrodomésticos e comida”.

A alcaldesa considera que se trata dunha situación que “non se corresponde co mundo no que vivimos. Estamos no rural pero temos os mesmos dereitos que se fose na cidade”. Por iso, acompañou o seu escrito diante da Xunta dun documento presentado por veciños e veciñas do municipio, con sinaturas para protestar polos cortes de subministro deste xoves 21 de xullo.

Arranxos

Teresa Villaverde explica que xa deu traslado da situación á empresa en varias ocasións e que esta “responde que xa están facendo arranxos”, porén, engade, “non é xustificábel que este tipo de incidencias se produzan todo o ano”. E conclúe: “Non sei cal será o problema pero teñen que atallalo porque aquí todos pagamos as facturas e temos dereito a recibir un servizo en condicións dignas”.

Para protexerse destes cortes de subministro, o Concello de Lousame ten adquirido sistemas de alimentación ininterrompida (SAI). “Levamos queimados 3 ou 4 SAI durante o último ano”, sinala Villaverde Pais, que sinala tamén que “colocamos hai pouco un caixeiro na Casa do Concello e xa se están propoñendo retiralo porque teñen que estar constantemente arranxándoo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.