JEALSA impulsa un programa lúdico-pediátrico no CHUS ao servizo das nenas e nenos

06 Xullo 2022

O Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) conta dende este verán cun novo programa lúdico, pedagóxico e pediátrico a disposición das nenas e nenos. Esta novidade no Servizo, destinado a facer as estadías hospitalarias da rapazada máis levadías e creativas, foi posíbel grazas a un acordo de Sanidade coa conserveira boirense JEALSA, a través do seu programa de RSC WeSea. Con este proxecto, un equipo de profesionais, en coordinación coa aula Hospitalaria do Servizo de Pediatría, leva a cabo actividades diarias de entretemento nas habitacións co Carriño dos Sorrisos, intervindo tanto cos pacientes como coas súas familias, tentando paliar o impacto emocional do ingreso dos nenos. O servizo estará operativo todos os días nas habitacións.

Federico Martinón, xefe do Servizo de Pediatría da área sanitaria compostelá, manifestou que “grazas a este acordo con JEALSA os nenos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela benefícianse do apoio á excelencia asistencial integral tanto para os nenos como para as súas familias”.

Pola súa banda, Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA, destaca que “hai estudos que demostran que un ambiente hospitalario agradábel, con debuxos alegres, favorece moitísimo o estado de ánimo do paciente pediátrico, e un estado de ánimo positivo axuda a soportar a enfermidade, tanto aos propios nenos e nenas enfermos como ás súas familias. Este proxecto encaixa perfectamente cun dos piares fundamentais da nosa política de colaboración social: axudar na mellora das condicións de vida dos máis pequenos. Queremos felicitar tanto ao equipo de pediatría como á dirección do CHUS por esta iniciativa e agradecer que nos convidaran a formar parte”, salientou Hermo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...