Formoso fai unha proclama en Rianxo a prol dun novo Estatuto para Galicia e para acadar o máximo teito competencial

26 Xullo 2022

Os socialistas galegos celebraron o Día Nacional de Galicia este luns 25 de xullo en Rianxo. Na xuntanza na vila rianxeira, na que participaron máis de 300 militantes, simpatizantes e cargos políticos, o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, defendeu un novo Estatuto para Galicia que lle permita acadar “o máximo teito competencial”, así como “todos os instrumentos previstos no ordenamento xurídico para responder a situacións de emerxencia de maneira máis áxil e eficiente”.

Formoso, que fixo unha ofrenda floral ante o busto de Castelao, situado no rianxeiro Paseo da Ribeira, reivindicou no seu discurso “as fondas raíces do galeguismo no PSdeG” e insistiu en que o PSOE “a única forza política que estivo presente nos momentos clave da nosa historia”, impulsando tanto o Estatuto de Autonomía de 1936 como o de 1981, así como a Constitución ou o ingreso na Unión Europea. “Estivemos sempre remando a favor da autonomía galega e do reforzo do noso autogoberno —dixo Formoso—, nunca permitades que vos digan o contrario”.

O líder do PSdeG reclamou unha actualización e “posta ao día” do Estatuto de Autonomía, pois cando “foi plebiscitado o texto actual, en 1980, non existía Internet nin Lei do Divorcio, nin España se incorporara ás institucións europeas”. Chamou Formoso a que o novo marco estatutario incorpore “unha carta de dereitos cidadáns, pois hai moitos que se foron incorporando dende 1981, como o dereito ao aborto, o matrimonio igualitario ou a axuda aos dependentes e mesmo esa Lei de 1986 que, por iniciativa dun goberno socialista e dun ministro valente, como foi Ernest Lluch, instituíu a sanidade pública e universal que todos prezamos”.

Engadiu o secretario xeral socialista que “son moitas as comunidades autónomas que reformaron os seus marcos incorporando novas competencias das que non dispón Galicia”. E explicouno deste xeito: “Aí está a cesión das autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre, de que dispón Andalucía e moi pronto Canarias, a xestión do tráfico ou a habilitación de instrumentos xurídicos, como o decreto lei, para responder con axilidade a situacións de emerxencia como a pandemia”. Así, insistiu en pedirlle ao Goberno autonómico que “máis aló das frases feitos e dos brindes ao sol, sente a falar da reforma do Estatuto para que Galicia poida acadar o máximo teito competencial e que á Xunta non lle poidan dicir que non pode recibir un traspaso porque non o ten previsto no seu marco estatutario”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.