En Ribeira curso gratuíto de apnea para mozos de 16 a 30 anos a iniciativa da Concellería de Xuventude

26 Xullo 2022

A Concellería de Xuventude en colaboración co Club Turístico-Cultural Subacuático organiza un curso gratuíto de apnea no municipio de Ribeira.
Esta oferta formativa está dirixida a persoas empadroadas en Ribeira con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.
A acción comprenderá dúas sesións teóricas impartidas por videoconferencia os días 8 e 9 de agosto (de 9.30 a 13 horas), formación práctica en piscina (o día 10 de agosto, de 9 a 14 horas na Fieiteira) e formación práctica en mar (dúas saídas de dúas horas cada unha, o 10 de agosto de 17 a 19 horas e o 11 dce 9 a 11 horas). As prazas están limitadas a oito, cubríndose por orde de inscrición no rexistro xeral do consistorio local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.