En Ribeira centos de veciños participaron no Día da Bici

04 Xullo 2022

Centos de veciños e veciñas de todas as idades participaron onte nunha nova edición do
Día da Bici, que regresaba ás rúas da cidade logo de dous anos sen poder celebrarse por mor da pandemia.

A iniciativa, organizada pola Concellería de Deportes que dirixe o edil Javier Sampedro, tiña un carácter lúdico-recreativa e contou coa Praza de España como epicentro da celebración, ao constituírse en
punto de saída e chegada dunha festa das dúas rodas que incluíu a celebración de sorteos de material entre os participantes.

Colaboraron na iniciativa o club Os Saltamontes e as tendas de bicicletas, Sportbike e Quincena, ademais de Policía Local, Protección Civil e Asociación de Veciños de Carreira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...