Econoia inaugura o luns en Portosín a mostra Arte da mar para concienciar sobre o problema do lixo mariño

28 Xullo 2022

A Casa da Cultura vai acoller este primeiro de agosto, luns, a inauguración da mostra Arte da mar, impulsada ao abeiro da terceira fase do proxecto Econoia, Coidamos do noso mar. A cita será ás 18.00 horas. A exposición, conformada por pezas da cultura mariñeira atopadas en bancos marisqueiros (e elaboradas a partir das crebas atopadas nas xeiras de limpeza litoral, levadas a cabo dende Econoia), dará visibilidade ao propio proxecto e sensibilizará sobre a problemática do lixo mariño. A exposición é unha iniciativa itinerante que xa percorreu outros concellos da nosa contorna. Poderá visitarse durante agosto e setembro, de martes a domingo, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Econoia vén da man da Confraría de Pescadores de San Bartolomé de Noia, contando coa estreita colaboración da Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín, das Redeiras de Portosín, da Asociación A Creba, da AEP (Asociación de Empresarios de Portosín), do Museo Marea e da Xunta. Ao seu abeiro e do Plan Marlimpo, lévanse retirado 65.000 quilogramos de lixo mariño na ría de Muros e Noia dende 2020, o que equivale a 469.904 obxectos. Este labor de limpeza e concienciación proseguirá na vindeira campaña marisqueira (de setembro a abril do ano que vén), con seis xornadas de recollida de lixo, clasificación e inventario de refugallos nas que participarán até 256 profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro da contorna.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.