Dodro acolle estes días varios grupos de peregrinos que están realizando o “Camiño de Santiago A Orixe”

31 Xullo 2022

O Concello de Dodro acolle estes días varios grupos de peregrinos que están realizando o “Camiño de Santiago A Orixe”. O recen estreado camiño que une o Faro de Corrubedo coa Catedral de Santiago de Compostela está recibindo moitos camiñantes durante este ano 2022.
Desde o domingo 31 de xullo ata o venres 5 de agosto pernoctarán en Dodro 1200 persoas que peregrinan organizados en diferentes grupos: “Comunión y Liberación Universitarios”, “Diócesis de Sevilla y Huelva”, “Diócesis de Jerez”, “Carmelo Joven”, “Grupo Schola Cordis Iesu”, “Diócesis de Lucca” (Italia) e
“Grupo Asturias”.
O alcalde Xabier Castro destaca que desde o Concello de Dodro enténdese esta marea de visitantes como unha oportunidade para poñer en valor os recursos patrimoniais, naturais e culturais de Dodro e poñerán todos os recursos posibles á disposición das persoas visitantes. Xa que se trata de unha nova oportunidade para seguir posicionando o territorio e o municipio.
O Pavillón Polideportivo Municipal e o Ximnasio do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón serán os recintos que servirán de aloxamento para acolleresta marea de peregrinos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.