“Déixaos que falen!”. Luís Celeiro

28 Xullo 2022

Santiago estaba ateigada de xentío. O pasado foi o 25 de xullo dun ano moi especial, Xacobeo e sen ser Ano Santo. Milleiros de peregrinos que peregrinaban polos camiños de Santiago, milleiros de turistas que turísteaban por arriba e por abaixo, polo centro da cidade e, cada vez, máis polo centro. O Rei na catedral atendendo aos del, firme e sosegado como se todo fose verdade. Estaba na casa do perdón e iso dá licenza para falar, prometer e calar.
En Santiago entregáronse as Medallas de Galicia, as que honran aos bos e xenerosos, á multitude e, neste ano, foron medidas en pasos. O presidente da Xunta estreouse cunha concesión de Medallas Xacobeas. É como dicir que o Xacobeo constitúe a máis importante industria cultural de Galicia, o lugar común para que, atendendo ás diferencias, todos poidan erguer o puño e, se é o caso, berrar con moita forza contra o desastre e a desfeita, contra o lume e contra aqueles que lle atizan.
O discurso de Rueda Valenzuela, na entrega das Medallas, foi correcto e respectuoso con todos os que estaban alí, atentos e case perplexos ou atónitos ao ver que o mundo non se acababa e que todo segue funcionando igual que se nada pasara. Todo foi Xacobeo e moitos agradecen que así fose. O presidente da Xunta non esqueceu de citar e honrar a Portomeñe, aquel conselleiro que, a principios da década dos noventa, revolucionou Galicia co invento do Xacobeo 93. Alí estaba coa súa medalla de Galicia (2010) pendurada do pescozo, escoitando o paseniño transcorrer do tempo.
Louvou Alfonso Rueda aos premiados dicindo que todos eles desenvolveron accións destacadas na necesaria promoción e defensa do Xacobeo e do Camiño de Santiago, tratando que sexan cousa de todos. Naturalmente, de todos e nosa, dos que o contamos e dos que, con toda a paciencia do mundo, escoitan, len, miran e andan por calquera dos camiños cara a Santiago de Compostela.
Misa en honor de Rosalía, ofrenda en Rianxo para honrar a Castelao e festa na Carballeira de Compostela, con milleiros de romeiros cantando, ampliando a patria, alongando na Quintana a voz recia da lideresa sarriana, da Pontón de ferro que moitos, dende o poder, miran mal.
Entre tanto, as cinzas do Courel, da Pobra de Brollón e do Barco de Valdeorras atoan os regatos e cegan as outras canles da auga e da vida. E respecto aos políticos, como di a Tía Manuela, “déixaos que falen!”

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...